Este sitio web utiliza cookies propias para ofrecer un mejor servicio. Si continúa navegando consideramos que acepta su uso. Encontrará más información en nuestra Política de Cookies.
OK | Más informaciónA finalidade que se persegue coa creación desta alínea na páxina web da OEPM, é a de facilitar unha visión das principais actividades de cooperación internacional que leva a cabo a Oficina.
A Oficina Española de Patentes e Marcas, dende a súa creación, desenvolveu un intenso labor de cooperación internacional. A información subministrada a continuación, está estruturada en primeiro lugar por anos e a continuación epígrafes que recollen as diferentes actividades que se realizan, isto é, MISIÓNS de expertos a Oficinas de Propiedade Industrial, VISITAS de funcionarios e autoridades á OEPM, CURSOS e seminarios impartidos na OEPM a examinadores de marcas e de patentes doutras Oficinas de Propiedade Industrial no ámbito da cooperación internacional, OUTROS EVENTOS onde se inclúen cursos impartidos pola OEPM fóra do organismo ou actividades doutra índole e por último o PROGRAMA CIBIT que son estancias de formación de examinadores de patentes iberoamericanos na OEPM por un período que oscila entre 6 meses e 2 anos.
A alínea comeza coa información relativa á cooperación internacional da OEPM desenvolvida durante o ano 2003. A partir deste ano actualízase periodicamente.