Este sitio web utiliza cookies propias para ofrecer un mejor servicio. Si continúa navegando consideramos que acepta su uso. Encontrará más información en nuestra Política de Cookies.
OK | Más informaciónO Foro da Innovación e Patentes constituíuse en 1999 coa vocación de ser unha sede permanente de debate e estudo sobre cuestións vencelladas coa innovación e as patentes. Está estruturado como un grupo informal de discusión, consulta, formación de opinión e medio de transmisión de información, cunha composición flexible á que se poidan incorporar ou se ausentar novos membros, en función das materias a debater. No mesmo atópanse representados empresas, universidades e outros centos públicos de investigación, asociacións empresariais e outras organizacións relacionadas coa innovación.
Os obxectivos que persegue este Foro son, por unha parte, facilitar e promover a comunicación e o debate entre os seus membros para que se lle transmitan á OEPM as opinións dos sectores relacionados coa innovación e patentes e, por outra, servir como canle para a difusión entre os sectores interesados de iniciativas xurdidas ou recollidas pola OEPM en relación coa temática do Foro.
En definitiva o obxectivo do Foro é informar, analizar ou estudar temas que se consideren de importancia para a mellora do sistema Ciencia-Tecnoloxía-Industria pero sempre relacionados coa Propiedade Industrial.
A Presidencia do Foro correspóndelle á Subsecretaría do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, a Presidencia Adxunta ao Director Xeral da OEPM e a Secretaría Permanente ao Observatorio de Prospectiva Tecnolóxico Industrial (OPTI).