Pode solicitar calquera dos seguintes dominios con total liberdade:
- Dominios que se asignan de forma automática:
- ".es", para identificar o seu nome, a súa empresa, o seu organismo en Internet. Exemplos:
- oquequeira.es
- omeunome.es
- amiñaempresa.es
- omeuorganismo.es
- ".com.es", para calquera tipo de actividade a un prezo moi reducido, por exemplo, concerto.com.es
- "nom.es", para o teu nome, por exemplo, martaperez.nom.es
- ".org.es", para a túa organización, por exemplo, caritas.org.es
- Dominios que requiren verificación previa:
- ".edu.es" se es unha organización educativa, oficialmente recoñecida, por exemplo, colegioxxx.edu.es
- ".gob.es", reservado para institucións gobernamentais, por exemplo, ministerio.gob.es
O seu dominio ".es" será asignado de forma inmediata e automática de acordo á orde de chegada, por iso, o primeiro solicitante será o primeiro en obtelo. Ten que ter en conta:
- Que non estea asignado con anterioridade.
- Que cumpra coas normas de sintaxe.
- Que non estea incluído na lista de termos prohibidos.
- Que non estea incluído na lista de termos reservados.