Este sitio web utiliza cookies propias para ofrecer un mejor servicio. Si continúa navegando consideramos que acepta su uso. Encontrará más información en nuestra Política de Cookies.
OK | Más informaciónOs nomes de dominio poden solicitarse a través dos axentes rexistradores acreditados. Para iso, acceda ao sitio do axente rexistrador elixido e solicite o seu nome de dominio facilitando os datos necesarios para o seu rexistro.
Os axentes rexistradores ofrecen unha serie de vantaxes adicionais que, ademais de facilitarlle a xestión do rexistro e renovación de nomes de dominio, lle permitirán optimizar e explotar o uso do seu dominio.
Pode rexistrar o seu nome de dominio directamente con ESNIC. Para iso, debe acceder ao formulario onde ten que introducir os datos necesarios para o rexistro. Se solicitou dominios baixo os indicativos ".es", ".com.es", ".nom.es" e ".org.es", este será asignado de forma automática unha vez que faga efectivo o pagamento deste.
As solicitudes de dominios ".gob.es" e ".edu.es" requiren comprobacións previas, polo que o prazo medio para a asignación é de 24 horas.
Os datos que vostede debe ter en conta para rexistrar o seu nome de dominio son os seguintes:
Todos estes datos, incluído un enderezo de correo electrónico a través do cal se manterá a comunicación, son imprescindibles. Existen outros datos (servidores DNS, persoas de contacto técnico ou de facturación) que vostede poderá facilitar ao ESNIC cando o considere oportuno.