Este sitio web utiliza cookies propias para ofrecer un mejor servicio. Si continúa navegando consideramos que acepta su uso. Encontrará más información en nuestra Política de Cookies.
OK | Más informaciónO nome comercial é o signo ou denominación que identifica unha empresa no tráfico mercantil e que serve para distinguila das demais empresas que levan a cabo actividades idénticas ou similares.
O nome comercial, polo tanto, distingue a empresa que fabrica ou comercializa os produtos ou proporciona os servizos. A marca, en cambio, distingue os produtos ou servizos que fabrica, comercializa ou proporciona a devandita empresa.
Así, un fabricante de pantalóns rexistraría como nome comercial o que utilice nas súas actividades empresariais de fabricante, por exemplo, nas súas relacións con provedores, clientes, etc.
O signo ou nome con que comercialice eses pantalóns será a marca do produto.
Na anterior lexislación existía como signo distintivo rexistrable o rótulo de establecemento, que era o signo ou denominación con que se distinguía o local de negocio. A vixente Lei de marcas non prevé a devandita modalidade de signo distintivo, pois o titular dunha marca ou nome comercial está facultado para utilizar estes signos na fachada do seu local de negocio ou establecemento, polo que é innecesaria a pervivencia desta modalidade de signo distintivo.