Este sitio web utiliza cookies propias para ofrecer un mejor servicio. Si continúa navegando consideramos que acepta su uso. Encontrará más información en nuestra Política de Cookies.
OK | Más informaciónQuen é o responsable do tratamento dos seus datos?
O responsable do tratamento dos seus datos persoais é a Oficina Española de Patentes e Marcas, O.A. (en diante, OEPM). Atópase situada no Paseo de la Castellana, 75 - 28071 Madrid. Pode contactar connosco chamando ao teléfono 902 157 530 ou ben a través do correo electrónico protecciondedatos@oepm.es.
Quen é o Delegado de Protección de Datos?
Pode contactar co delegado de protección de datos en protecciondedatos@oepm.es .
Con que finalidade tratamos os seus datos persoais?
Na Oficina Española de Patentes e Marcas tratamos os seus datos cos seguintes fins:
A designación do deseñador ou deseñadores tamén se publicará no BOPI e no Rexistro de deseños, agás que exerciten o seu dereito a renunciar a ser mencionados como tal.
Por canto tempo conservaremos os seus datos?
O seu nome, apelidos, nacionalidade e enderezo postal, así como, se é o caso, os do seu representante, conservaranse indefinidamente no Rexistro de deseños para efectos da publicidade de rexistro.
Os restantes datos persoais que se poidan solicitar nos distintos procedementos seguidos perante a OEPM (NIF, teléfono, fax e correo electrónico) conservaranse, como mínimo, durante toda a vida legal do deseño en cuestión (5 anos dende a data de presentación da solicitude de rexistro e poderá ser renovada ata un máximo de 25 anos).
Que nos lexitima para tratar os seus datos persoais?
A OPM ten dereito ao tratamento dos datos persoais descritos anteriormente en virtude das seguintes normativas:
A quen lle serán comunicados os seus datos persoais?
O seu nome, apelidos, nacionalidade e enderezo postal, así como, no seu caso, os do seu representante, serán comunicados a diferentes organizacións internacionais co fin de que se incorporen a bases de datos de propiedade industrial de carácter divulgativo. En concreto, estes datos persoais serán comunicados á Organización Mundial da Propiedade Intelectual (OMPI) e á Oficina da Propiedade Intelectual da Unión Europea (EUIPO).
Como obtivemos os seus datos?
Os datos persoais que tratamos na OEPM obtéñense do propio interesado.
Cales son os seus dereitos cando nos proporciona os teus datos?
Os dereitos que lle asisten de acordo co Regulamento (UE) 2016/679 Xeral de Protección de Datos (en diante RXPD) son os seguintes:
Perante quen pode reclamar polo tratamento dos seus datos persoais?
Pode exercitar os seus dereitos directamente ou a través dun representante debidamente acreditado, enviando unha solicitude dirixida á OEPM, preferiblemente por correo electrónico, ao enderezo protecciondedatos@oepm.es.
No caso de que considere que se está vulnerando o seu dereito á protección de datos persoais ou que non estea satisfeito co tratamento dos seus datos persoais, pode presentar unha reclamación perante a Axencia Española de Protección de Datos (www.agpd.es).