Patente europea


Patente tramitada pola Oficina Europea de Patentes (OEP) en virtude do Convenio da Patente Europea.

O sistema da patente europea permite obter protección mediante unha única solicitude de patente en todos os países membros do Convenio que se desexe (38 países en 2017).

Unha vez concedida, a patente europea produce en cada un dos países para os que se outorga, os mesmos efectos que unha patente nacional sometida á lexislación do país respectivo.

A vantaxe deste sistema europeo é que a protección da invención en Europa é máis doada e menos onerosa.

A solicitude de patente pódese presentar perante a Oficina Española de Patentes e Marcas (www.oepm.es) ou nas Comunidades Autónomas (Centros Rexionais de Información en Propiedade Industrial). A presentación pode facerse en papel ou por vía telemática.

Aínda que a solicitude de patente europea pódese presentar en español, é necesaria a súa tradución a un dos idiomas oficiais do convenio (inglés, francés ou alemán) para continuar o procedemento.

Para máis información: Oficina Europea de Patentes.