Marcas e nomes comerciais


Para a protección xurídica dos Signos Distintivos, a OEPM concede Marcas de produtos ou servizos e Nomes Comerciais. Os Rótulos de establecemento xa non poden ser rexistrados. Non obstante, os que estivesen concedidos prorrogarán a súa existencia rexistral ata que se extinga o último período de 20 ou 10 anos polo que fosen concedidos ou renovados por última vez.

¿QUE É UNHA MARCA?

  • Unha Marca é un título que concede o dereito exclusivo á utilización dun signo para a identificación dun produto ou un servizo no mercado.
  • Poden ser Marcas as palabras ou combinacións de palabras, imaxes, figuras, símbolos, gráficos, letras, cifras, formas tridimensionais (envoltorios, envases, formas do produto ou a súa representación)
  • Ver Lei 17/2001, do 7 de decembro, de Marcas

¿QUE É UN NOME COMERCIAL?

  • Un Nome Comercial é un título que concede o dereito exclusivo á utilización de calquera signo ou denominación como identificador dunha empresa no tráfico mercantil. Os nomes comerciais, como títulos de propiedade industrial, son independentes dos nomes das sociedades inscritos nos Rexistros Mercantís
  • Ver Lei 17/2001, do 7 de decembro, de Marcas

A duración da protección conferida polos Signos Distintivos é de dez anos a partir da data do depósito da solicitude, e poden ser renovados indefinidamente. Para o mantemento en vigor dos Signos Distintivos hai que pagar taxas (as marcas en procedemento transitorio teñen un réxime diferente que é preciso consultar).