Preguntas frecuentes

Buscador de preguntas frecuentes

< Volver á lista de resultados

Resultados da procura

¿Qué es el Registro Internacional de Diseños Industriales?

O Deseño Internacional enmárcase nun sistema de Rexistro Internacional de Deseños para países que están integrados no Acordo da Haia que comprende as Actas de 1934, 1960 e a Acta de Xenebra de 1999. A aplicación da Acta de 1934 está suspendida dende o 1 de xaneiro de 2010.

Co Acordo da Haia conséguese a simplificación e unificación dunha serie de trámites como serían o exame formal e a publicación, co obxecto de obter en cada un dos países designados un rexistro cos mesmos dereitos e obrigas como se se tratase dun deseño nacional.

Cunha única solicitude, nun único idioma e pagando unha única taxa en francos suízos pódese obter protección en multitude de países. . É tamén destacable que un Rexistro Internacional de Deseños é máis doado de xestionar que varios deseños nacionais, tanto en caso de renovación como en cambios de titularidade ou de representante. En resumo, é máis sinxelo obter protección noutros países e tamén a xestión posterior desta protección.

Poden solicitar un Rexistro de Deseño Internacional ante a OEPM as persoas físicas ou xurídicas que teñan nacionalidade española, ou teñan o seu domicilio en España, ou posúan un establecemento industrial ou comercial real e efectivo en España.

En caso de facelo a través da OEPM, a solicitude dun Rexistro de Deseño Internacional implica unha taxa de transmisión con independencia das taxas que deben aboarse á Oficina Internacional.

O Rexistro Internacional terá un período de validez inicial de cinco anos contados a partir da data do Rexistro Internacional. O rexistro poderá renovarse por períodos adicionais de cinco anos ata completar o período establecido por cada lexislación de cada Parte Contratante Designada.

Na páxina da OMPI é posible consultar información máis detallada sobre este sistema: http://www.wipo.int/treaties/es/registration/hague/

< Volver á lista de resultados