Preguntas frecuentes

Buscador de preguntas frecuentes

< Volver á lista de resultados

Resultados da procura

¿Qué es el Diseño Comunitario?

Un debuxo ou modelo comunitario rexistrado outorga ao seu titular o dereito exclusivo a usalo en todos os Estados membros da Unión Europea e impide o uso por terceiros sen o seu consentimento.

De se producir calquera ampliación futura da Unión Europea, a validez de todo debuxo ou modelo comunitario rexistrado ou solicitado ampliarase de xeito automático ao novo territorio ampliado da UE, sen necesidade de presentar unha solicitude nin de pagar taxa ningunha.

As solicitudes poden presentarse directamente ante a EUIPO (persoalmente ou co servizo en liña e-filing) ou ben ante as oficinas nacionais da propiedade industrial.

O custo do rexistro dun debuxo/modelo comunitario é de 350 euros e as taxas que se aplican son a de rexistro, a de publicación e a de aprazamento, e varían en función do número de debuxos ou modelos incluídos na solicitude. 350 € sería a taxa mínima, para un só deseño.

O Deseño Comunitario rexistrado queda protexido nun principio durante un prazo de cinco anos, renovables por períodos de cinco anos ata un máximo de 25 anos, contados a partir da data de solicitude.

Na páxina https://euipo.europa.eu/ohimportal/es/ obtense información detallada sobre este sistema.

< Volver á lista de resultados