Este sitio web utiliza cookies propias para ofrecer un mejor servicio. Si continúa navegando consideramos que acepta su uso. Encontrará más información en nuestra Política de Cookies.
OK | Más información< Volver á lista de resultados
Correo electrónico
Horario
De luns a venres de 09:30 a 14:00 horas
Documentos que integran o Arquivo Histórico
Os documentos xerados polas institucións antecesoras da OEPM dende 1826 ata 1939. O acceso e consulta dos documentos é gratuíto.
Información a disposición dos usuarios
Na páxina web do Arquivo Histórico (http://historico.oepm.es/) poden consultarse as seguintes bases de datos:
- Privilexios de invención 1826- 1878
- Patentes 1878-1943
- Patentes 1930-1966
- Marcas 1865-1905
- BOPI1866-1965.
- Xeoposicionamento.
Servizos a usuarios externos
- Consultas en sala de investigadores previa cita
- Consultas por correspondencia.
- Reprografía en soporte dixital, previo pagamento dos prezos públicos correspondentes.
- Procuras de información. Débense solicitar sempre por correo electrónico ao enderezo: historico@oepm.es
Como solicitar copias de expedientes do Arquivo Histórico
- Solicitudes
As solicitudes de copias de documentos do Arquivo Histórico da OEPM poderanse realizar presencialmente na sala de consultas ou por correspondencia (correo electrónico, carta).
Poderase facilitar un orzamento aproximado a petición do solicitante.
- Tipos e prezos das reproducións
Os servizos por reprodución de documentos que ofrece o Arquivo Histórico e os seus prezos recóllense na Orde ITC/742/2009, do 20 de marzo, pola que se establecen os prezos públicos da OEPM. Son os seguintes:
2.11. Reprodución dixital/por imaxe escaneada: 0,60€
2.12.Gravación en CD ou DVD/por cada CD ou DVD: 3,00€
2.13. Reprodución en papel formato A4 a partir de soporte dixital/por imaxe: 0,23 €
Estes prezos levarán o incremento dun 16% de IVE.
As imaxes escaneadas poderán gravarse en memorias externas ou enviarse por correo electrónico, se non son moi voluminosas, sen ningún custo adicional.
- Formas de pagamento
No caso de residir en Madrid, o pagamento realizarase antes de recoller as copias mediante o ingreso da cantidade resultante, consignada no impreso polo persoal do Arquivo, en calquera Oficina de la Caixa.
No caso de solicitudes de fóra de Madrid o impreso poderase obter nas Áreas de Industria das Delegacións e Subdelegacións do Goberno ou se se prefire, o Arquivo pode enviar o impreso por correo postal.
Un exemplar do impreso validado polo banco deberá entregarse na sede da OEPM ao recoller as copias, ou remitirse por correo postal, cando non resida en Madrid, ao seguinte enderezo: Arquivo. OEPM. Paseo de la Castellana 75. Madrid – 28071. Unha vez recibido o xustificante do ingreso enviaranse as copias.
Para máis información, poden pórse en contacto co Arquivo Histórico no enderezo historico@oepm.es
- Finalidade das reproducións
As reproducións de documentos do Arquivo Histórico autorizaranse unicamente con fins científicos ou de investigación histórica. Para publicar imaxes de documentos será necesario solicitar autorización expresa.