Este sitio web utiliza cookies propias para ofrecer un mejor servicio. Si continúa navegando consideramos que acepta su uso. Encontrará más información en nuestra Política de Cookies.
OK | Más información< Volver á lista de resultados
Grazas á Propiedade Industrial obtéñense uns dereitos de exclusiva sobre determinadas creacións inmateriais que se protexen como verdadeiros dereitos de propiedade.
En España hai varios tipos de dereitos de Propiedade Industrial:
- Deseños industriais: protexen a aparencia externa dos produtos
- Marcas e Nomes Comerciais (Signos Distintivos): protexen combinacións gráficas e/ou denominativas que axudan a distinguir no mercado uns produtos ou servizos doutros semellantes ofertados por outros axentes económicos.
- Patentes e modelos de utilidade: protexen invencións consistentes en produtos e procedementos susceptibles de reprodución e/ou utilización con fins industriais
- Topografías de semicondutores: protexen o (esquema de) trazado das distintas capas e elementos que compoñen un circuíto integrado, a súa disposición tridimensional e as súas interconexións, é dicir, o que en definitiva constitúe a súa "topografía".
Para cada un destes dereitos hai unha lexislación aplicable que se pode consultar no apartado de “Normativa” da páxina web (http://www.oepm.es/es/propiedad_industrial/Normativa/)
Os dereitos de Propiedade Industrial permiten a quen os ostenta decidir quen pode usalos e como pode usalos.
Os devanditos dereitos outórganse mediante un procedemento polo organismo competente (en España a Oficina Española de Patentes e Marcas) e a protección que dispensan se estende a todo o territorio nacional.