Este sitio web utiliza cookies propias para ofrecer un mejor servicio. Si continúa navegando consideramos que acepta su uso. Encontrará más información en nuestra Política de Cookies.
OK | Más información
1. DIRECTAMENTE
País por país, depositando as correspondentes solicitudes en cada un dos países nos que se quere rexistrar a marca. Nesta ligazón pode acceder ás páxinas web de importantes oficinas nacionais.
2. Mediante unha MARCA INTERNACIONAL
Para solicitar unha Marca por este procedemento, é necesario ter previamente rexistrada unha marca a nivel nacional ou comunitario.
Por este procedemento, regulado polo Acordo de Madrid e o seu Protocolo (Sistema de Madrid) pódese obter protección en moitos países depositando unha única solicitude, na OEPM para o seu traslado á Organización Mundial da Propiedade Intelectual (OMPI) (Xenebra), tendo o rexistro os mesmos efectos que se a solicitude fose presentada en cada un dos países designados. Cada país pode conceder ou denegar a protección.
A duración deste rexistro é de 10 anos renovables indefinidamente.
Países membros do Sistema de Madrid
3. Mediante unha MARCA DA UNIÓN EUROPEA
Procedemento regulado polo Regulamento da Marca da Unión Europea que establece a posibilidade de obter, mediante unha única solicitude ante a Oficina de Propiedade Intelectual da Unión Europea (EUIPO) (Alacant), protección nos 27 Estados membros da Unión Europea (UE).
A duración deste rexistro é de 10 anos renovables indefinidamente.
Acceso ao web da EUIPO para a presentación electrónica dunha solicitude