Este sitio web utiliza cookies propias para ofrecer un mejor servicio. Si continúa navegando consideramos que acepta su uso. Encontrará más información en nuestra Política de Cookies.
OK | Más informaciónEn xeral, os rexistros de propiedade industrial son territoriais, o que significa que o rexistro dunha patente, unha marca ou un deseño industrial na Oficina Española de Patentes e Marcas (OEPM) só lle confire ao seu titular un dereito exclusivo ao seu uso no territorio de España. En consecuencia, os produtos que inclúan unha modalidade protexida non se poderán exportar con garantía a outros Estados, se nos mesmos non están tamén rexistrados polo mesmo titular.
Ora ben, existe a posibilidade de protexer nun ámbito territorial maior, a través dun rexistro comunitario ou dun rexistro internacional.
Con todo, hai que ter en conta que a protección comunitaria ou internacional é custosa polo que antes de tomar unha decisión, será imprescindible realizar unha avaliación dos seguintes aspectos:
En función desta análise, existen diferentes estratexias de protección: nacional, comunitaria ou internacional.