Este sitio web utiliza cookies propias para ofrecer un mejor servicio. Si continúa navegando consideramos que acepta su uso. Encontrará más información en nuestra Política de Cookies.
OK | Más informaciónUnha patente é un título que recoñece o dereito de explotar en exclusiva a invención patentada, impedindo a outros a súa fabricación, venda ou utilización sen o consentimento do titular.Como contrapartida, a patente ponse a disposición do público para coñecemento xeral.
O dereito outorgado por unha patente non é tanto o da fabricación, o ofrecemento no mercado e a utilización do obxecto da patente, que sempre ten e pode exercitar o titular, senón, sobre todo e singularmente, «o dereito de excluír a outros» da fabricación, utilización ou introdución do produto ou procedemento patentado no comercio.
A patente pode referirse a un procedemento novo, un aparato novo, un produto novo ou un perfeccionamento ou mellora destes.A duración da patente é de vinte anos que comezarán a contar dende a data de presentación da solicitude.Para mantela en vigor é preciso pagar taxas anuais a partir da súa concesión.