Guía de recursos administrativos


A guía de recursos administrativos pretende poñer ao alcance de todos os interesados unha información clara e sinxela dos tipos de recursos administrativos, concretamente o recurso de alzada e de reposición, indicando os actos recorribles, motivos de impugnación e resto de cuestións procedementais. 

Foi elaborada coa finalidade de facilitar o proceso de interposición dun recurso administrativo, sobre o que moitos solicitantes non están familiarizados, e para mostrar as distintas fases das que se compón o procedemento ata a súa resolución.